
Grandes Vozes do Nosso Mundo
Programa musical de Radio Burela dirixido por Marco Pereira. Cada semana, durante unha hora, propón un diálogo musical entre as grandes voces do mundo. Ten especial presenza a música galega e a dos países que acolleron e deron vida ao noso idioma, como Portugal, Brasil, Cabo Verde, Angola e Mozambique. Nace da man dos Cantos na Maré, cun espírito universalista, integrador e intercultural.
Episodios

Ep. 442: Novas músicas
Na grella da entrega número 442 introducimos novidades da música dos países de raíz galega.

Ep. 441; JORGE PALMA
Na presente entrega do Grandes Vozes fazemos recordo ao Jorge Palma. Como sempre, com a melhor música dos países de raiz galega.

Ep. 440: HOJE NÃO
Nova entrada na grelha do nosso programa. Desta vez ouvimos por vez primeira o "Hoje não" do Brunno Veiga.

Ep. 439: TARDEO
A música dos Monoulious Dop dá título ao programa número 439 do Grandes Vozes do Nosso Mundo.
Gocen con esta nova entrega.

Ep. 438: Puro Mambo
O "Puro Mambo" dos Bureka Sons Sistema é unha das músicas da grella desta nova entrega do Grandes Vozes do Nosso Mundo.

EP. 437: Alta Mar
Aínda que estamos en agosto, no programa desta semana damos entrada a unha nova banda. Son Alta Mar e debutan con "Xuño".

Ep. 436: NOITADA
Novo programa e nova estrea musical. Desta vez a "Noitada", de Baiuca e Carlos Ares. Como sempre, na grella está o mellor da música dos países de raíz galega.

Ep. 435: O meu amor
"O meu amor" é o título do novo episodio do Grandes Vozes do Nosso Mundo. Coa música de Caamaño e Ameixeiras, abrimos a porta do programa número 435.

Ep. 434: Que mar é este...
A música da Gisela João abre outro capicúa do Grandes Vozes do Nosso Mundo: o programa 434.

Ep. 433: GARZA
Xeodesia (2026) é o quinto traballo de estudo de Adrián Charlín baixo o seu alcume Garza. O artista galego ten unha carreira musical consolidada con álbums anteriores como Vertentes (2024), Interferencias (2022) ou No Limiar.
Aínda que non é o seu primeiro proxecto, Xeodesia si supón un fito importante, xa que é o seu primeiro lanzamento en formato físico (vinilo) e o seu debut co selo Several Roo

Ep. 432: Onde é que eu tinha a cabeça?
Os Vizinhos perguntam "Onde é que teu tinha a cabeça?" e nós respondemos:
-Eu tinha a cabeça em ouvir a nova entrega do Grandes Vozes!

Ep. 431: CAMINHO
Quinkillada celebra o Vº aniversario. Por iso lle dedicamos á banda do Morrazo esta nova edición do Grandes Vozes.

Ep. 430: É pr'a amanhã
A música do António Variações abre unha nova edición do Grandes Vozes do Nosso Mundo. A seguir: o melhor do panorama musical da Galiza e o conxunto de países de raiz galega.

Ep. 429: Potinho de Veneno
Aínda non tiñas ouvido a música dos Detonautas? Con resposta afirmativa ou negativa, nós recomendámosche este "Potinho de veneno"... que vai contribuír a alegrarche a vida.

Ep. 428: Todo amaina
Con efeito, todo amaina. As Tanxugueiras teñen razón. Por iso abrimos o programa 428 coa súa música.
Despois, como sempre, o mellor do panorama musical galego-lusófono.

Ep. 427: Cuidado
Coa nova música da Laura Lamontagne abrimos unha nova edición do Grandes Vozes do Nosso Mundo. A seguir, o mellor da música da Galiza e do conxunto dos países de raíz galega.

EP. 426: A ROUPA DO MARIÑEIRO
Chegamos ao programa 426, que abrimos coa música da Uxía Senlle. A seguir, o mellor das músicas galega, portuguesa, brasileira e do resto dos países a onde chegou noso idioma.

Ep. 425: Matriarcas
Este é o programa especial feito no día 8 de marzo e para ouvir en calquer momento do día ou da noite, de hoje ou amañá. Entre as músicas seleccionadas, as Matriarcas da Guadi; e as Tempestades de Sal, da Sés.

EP. 424: LOVA
PAra alén da Banda da Loba, neste espazo recollemos o mellor da música galega e dos países da Lusofonía. Recollemos tamén a expresión artística das nosas respectivas diásporas.

EP. 423: Sem Norte
Coa música da Sara Alhinho, abrimos esta nova entrega do Grandes Vozes. De Cabo Verde, viaxamos para outros países a onde chegou o noso idioma.

Ep. 376: QUE BAILE, QUE BAILE, QUE BAILE
Continuamos coa celebración do 10º aniversario do programa (2016-2026). Desta vez con moita música para danzar. O que non varía: que é música cantada nos diferentes sotaques do noso idioma.

Ep. 422: Especial Décimo Aniversario
Grandes Vozes do Nosso Mundo: 2016-2026. Chegou o momento do décimo aniversario. Celebrámolo cunha seleccion das mellores músicas emitidas durante todos estes anos de emisión.

Ep. 421: Ver o mar
Abrimos a janela e vemos o mar a través da voz da Guadi Galego. Na saída, ouvimos a voz do Zeca Afonso a interpretar a música tradicional galega: Achega-te a mim, Maruja.
Entre unha e outra, todo un auténtico mundo de músicas, sempre cantadas no noso idioma.

Ep. 420: Férvenos o cu
Abrimos o programa cunha colaboración galego-africana entre Narf e Manecas Costa. Inmediatamente despois, escoitamos as voces de Guadi e do brasileiro Barro. Na parte central do programa adentrámonos nas novas tendencias como esta que representa Mondra.

Ep. 419: Vizinhos
Abrimos o programa com o "Pôr do sol" interpretado pela banda Vizinhos. A seguir, o melhor da música galega, portuguesa, brasileira e africana. Como sempre, música cantada no nosso idioma.

Ep. 418: NOVO TRABALLO DE GUADI
O novo traballo de Guadi está xa ás portas e a artista está percorrendo o país para facer a presentación. Por iso abrimos esta nova edición do programa co seu "Ver o mar".
Despois temos as músicas de Sandy e Junior, Calema, A Banda da Loba, Ildo Lobo, Caxade e Carolina Deslandes.

Ep. 363-R: Fío Musical
Novo espazo de fío musical de temas interpretado nos diferentes sotaques do noso idioma.

Ep. 417: Berros de sangue
Abrimos o programa co clásico "E isto é o amor", de Caxade, con letra de Séchu Sende. Inmediatamente despois damos paso a Ildo Lobo, Roberto Leal, Barro, Tanxugueiras e Fillas de Casandra, Yola Semedo e Sebastião Antunes e a Quadrilha.

Ep. 416: Nem tudo é mágoa
Com efeito, "Nem tudo é mágoa", em palavras do Bruno Bettencourt. Para além desta novidade musical, no programa 416 temos o prazer de colocar outras peças clássicas do Espiño, do Roberto Leal, da Sara Alhinho, das Tanxugueiras e as Filhas de Cassandra e até do Sebastião Antunes e a Quadrilha.

Ep. 415: Nadando na certeza
Abrimos o episodio 415 coa nova música da Ses, Nadando na Incerteza, unha peza que para nós supón a absoluta confirmación -certeza- da grandiosidade da artista galega. Da mesma maneira, nesta mesma entrega introducimos tamén o traballo máis recente de Sabela, de quen non tíñamos novidades desde hai tempo.
Desexamos que gocen con esta nova selección musical dos países de raíz galega.

Ep. 414: ROUPA do MARINHEIRO
A música de Uxía con Vai de Roda dá título ao episodio 414 do Grandes Vozes do Nosso Mundo. Na selección musical están Sés, Guadi, Roberto Carlos, Mariza e outros grupos de solistas de varios dos países en que é falado o noso idioma.

EP. 376 (Rp): Selección musical galego-portuguesa
Programa da música galego-portuguesa con selección musical de artistas do Brasil, africanos e aínda das diferentes diásporas mundiais dos países de idioma de raiz galega.

Ep. 413: Bailar
Luís Fercán é cantautor que iniciou a carreira a solo no ano 2016. A súa voz abre este programa 413 e faino a través dunha colaboración con Guadi, no tema intitulado "Bailar".
Inmediatamente despois, temos a mellor música da nosa comunidade lingüística seleccionada e comentada polo xornalista Marco Pereira Oliveira.

EP. 412: Tempestades de sal
Nova entrega do Grandes Vozes, o programa dirixido polo xornalista Marco Pereira Oliveira.

Ep.398: Música galego-portuguesa (R)
Reposición do programa nº 411. É, como sempre, unha síntese da música galego-portuguesa.

Ep.411: Música galego-portuguesa
Selección musical dos países de raíz galega. Temas cantados nos diferentes sotaques do noso idioma.

EP. 410: CASTIÑEIRO MILENARIO
O protagonismo do Deixe Falar desta semana é para CASTIÑEIRO MILENARIO. Así se chama esta Asociación Cultural de Begonte, na Terra Chá que dinamiza a cultura galega através da música, do cinema e das actividades de carácter ambientalista.
Falamos con Carlos Fernández, biólogo que traballa na Facultade de Veterinaria de Lugo e que leva na asociación Castiñeiro Milenario case desde a súa fundación

Ep. 409: ANA LUA CAIANO
O Festival Folk Celta regressa a Ponte da Barca para celebrar a sua 18.ª edição. A proposta une música folk contemporânea, identidade atlântica e expressão cultural de raiz popular. É de entrada gratuita e decorre entre os dias 25 e 27 de julho de 2025. Promete transformar Ponte da Barca num verdadeiro palco de celebração ao ar livre, junto ao rio Lima e em vários espaços do centro histórico.
Co

Ep. 408: QUERÍA SER POETA
Nova entrega do Grandes Vozes do Nosso Mundo. Desta vez unha selección das mellores músicas da familia de países de raíz galega.

Ep. 407: RUMBOIA VIVA (ABADÍN)
A Rumboia. Así se chama a asociación xuvenil das terras de Abadín, porta de comunicación entre A Mariña e a Terra Chá.
Constituída en 2021, A Rumboia organiza diferentes actividades repartidas por todo o ano. Dúas delas son de carácter musical: unha Foliada e o Festival Rumboia Viva.
A través da voz do presidente da entidade, coñecemos quen foron os fundadores, cando e onde iniciaron a actividade

EP. 406: REGUEIFA TOUR (Séchu Sende)
Había unha vez un docente soñador que estreou paternidade e deixou en segundo plano a guitarra eléctrica para modular a voz de maneira que agradase os ouvidos da súa crianza. Pouco tempo tardou en comezar a improvisar as letras das súas cancións, seguindo o modelo de Pinto de Herbón e Manu Chao.
O docente soñador tivo sorte, porque uns anos máis tarde a crianza comezou tamén a improvisar... até qu

EP. 405: AQUÍ TAMÉN SE FALA
Mónica Reigia atendeu a nosa chamada para facermos crónica do "Festival Aquí tamén se fala", organizado polo Instituto Rafael Dieste e celebrado o día 13 de xuño na cidade da Coruña. No cartaz: Ulex, Pava, Alana, Ortiga e Jesús Suárez.
O festival foi tamén unha actividade reivindicativa en favor da actualización do nome do Deportivo da Coruña.

Ep. 404: Recuperamos a memoria con MJ Pérez
Cando en 2016 nacía o Grandes Vozes, MJ Pérez -que era artista emerxente- pasou polo noso programa. Desde aquel momento, as súas músicas foron habituais na nosa selección e sempre que nos fixo chegar novidades nós comunicámolas á nosa audiencia nacional e internacional.
Agora, decorridos case dez anos de carreira artística, conversamos novamente con ela sobre a súa formación e experiencia laboral

EP. 403: KÁTYA TEIXEIRA: GRANDE VOZDO NOSSO MUNDO
Kátya Teixeira conversa com Bernardo Penabade no programa Grandes Vozes do Nosso Mundo, dirigido por Marco Pereira Oliveira.

Ep. 402: PERCURSO EUROPEU DA KÁTYA TEIXEIRA
Neste ano 2025, o Percurso pela Europa da Kátya Teixeira começa pela Galiza, continua pelo Porto e o Alentejo e finaliza na França. Após o concerto de Pontedeume, por iniciativa do Colectivo Terra; a seguinte visita é à Sociedade Cultural Albor, de Ourense; à Arca da Noe, em Vilar de Santos; e à Sociedade Cultural Macaréu, do Porto.
A cita em Paris está agendada para o dia 19 de junho na Casa da A

EP. 401: XICO DE CARINHO
Xico de Carinho viajou ao Brasil. Foi 55 depois de ter conhecido o Marcelo Melo e o Geraldo Vandré em Paris e de ter entrado com eles no estúdio de gravação.

EP. 400: AURA LÁZULI
Aura Lázuli: compositora e intérprete. Carmen, da Escravitude, en Padrón. É a protagonista do programa 400.
Formada musicalmente no conservatorio e na Universidade de Santiago de Compostela, onde foi discípula de Miro Moreira, entrou por primeira vez nos estudios de gravación con Xavier Mugardos, despois co pianista Iago Mejuto e con Xoán Curiel. Con Alfredo Susavila, gravou o disco titulado Carme

Ep. 399: Raça humana não tem cor
Abrimos esta nova edición do programa coa música da Gaby Buarque. Inmediatamente a seguir, cruzamos o Atlántico para chegar a Portugal com a voz do Roberto Leal. A terceira das músicas é a do galego Berto, co seu "Quérote atopar".
Así é o Grandes Vozes, o programa Modelo Burela das músicas de todos os países da Galegofonía.

Ep.398: DESLOCADO (NAPA)
Nesta nova edición do Grandes Vozes reproducimos por vez primeira a canción que representa o noso idioma no festival de Eurovisión. Leva por título "Deslocado" e está interpretada por Napa.

Ep. 397: BRUNO VILLAMOR
Bruno Villamor Gay (Lugo, 1978)está titulado Superior en Música na Especialidade de Instrumentos da Música Tradicional Galega polo Conservatorio Superior de Música de Vigo. Neto d’O Gaiteiro de Santo Xusto’, ten contacto coa música tradicional desde moi neno recibindo ensino de mestres da talla de Enrique Candal, Daniel Bellón, Pepe Vaamonde, Iván Costa, Germán Diaz, etc.
Membro fundador do

Ep. 396: SON ÁRBORE
Sofía Espiñeira publica disco e o Grandes Vozes celébrao coa peza titulada "Son árbore".

Ep. 395: A PURA FESTA DOS CARECOS
O verbo do título do disco está en segunda persoa: "Es pura festa". E é verdade, audiencia máis fiel ao grupo é pura festa. Os custos da edición por contribución popular xa se reuniron nunha semana.
Éxito?
Non, exitazo. Do grupo e de todas as persoas que rodean o grupo. Éxito da cultura en xeral e moi particularmente da cultura da comarca do cabo Ortegal.
Na verdade, a banda de pandeireteiros e o

EP. 394: Castelo de cartas
No programa 394 temos o Castelo de Cartas, do Syro.
Onde vais dormir hoje?
Chega a casa antes das onze
Pra eu me despedir
Um beijo no rosto
Deixa a lágrima cair
E dá lugar ao nosso desgosto
Eu tinha planos de ser rei
E tu rainha do meu reino
Num castelo onde as cartas não pudessem cair, oh
Aos teus olhos eu errei
E ao mesmo tempo, tu nos meus também
Cai o castelo de cartas que não soubemos constru

EP. 393: País das Maravilhas
A música do Plutônio dá título ao episódio 393 do Grandes Vozes do Nosso Mundo. Nesta hora de música, temos tamén grandes éxitos de Uxía Senlle, Carolina Deslandes, Berto e Mondra, Os Azeitonas, Tanxugueiras ou Fresno.

EP. 392: MANINHO
Chegamos ao programa 392. Abrimos coa música de Ulex e fechamos con Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre. Polo medio, o mellor da música da Galiza, Portugal e o conxunto de países de todo o mundo a onde chegou o nosso idioma.

EP.391: ULEX
Novamente visitamos o Centro Social Xebra, en Burela nos momentos previos a unha noite de concerto. Nesta ocasión a banda convidada é Ulex.
Con Ulex famos do nome artístico, do estilo musical e do pasado, presente e futuro.

Ep. 390: LISDEXIA: GAYEGO
Entre Lisdexia e Dislexia... hai unha interpolación silábica. O que comezou como erro de pronuncia, pasou a servir como palabra humorística e despois como nome dun grupo musical.
Son de Muros e están agora mesmo a puntiño de subir á parte superior da onda. Antes de que chegue ese momento, no Deixe Falar do Grandes Vozes falamos con Fran Lestón.
A entrevista está na parte central do programa. Xusto

EP. 389: FADO CRIOULO
"Fado crioulo" é o título da nova entrega do Grandes Vozes. O programa abre com a música do Omiri e encérrase com do Berto. Entre o começo e o final: a música da Galiza e dos países de raíz galega.

Ep. 388: OMIRI: Pé com pé
Que Omiri é um dos mais originais projetos de reinvenção da música de raíz portuguesa fica bem claro. Que o seja também do universo galego-português ainda não fica tanto.
Mas, tempo ao tempo.
Para reinventar a tradição, Omiri traz para o próprio espectáculo os verdadeiros agentes culturais de base: músicos e paisagens sonoras de todo Portugal a tocar e a cantar como se fizessem parte de um mesmo

Ep. 387: FESTA MALANDRÓMICA
Chegamos á entrega 387 do Grandes Vozes. Programamos música de todos os estilos e de todos os países de raiz galega.

Ep. 386: RECORDO A XOSÉ MANUEL PIÑEIRO
O Grandes Vozes tributa homenaxe a Xosé Manuel Piñeiro, falecido en datas recentes. Abrimos e encerramos o programa coas súas músicas.

Ep. 385: Querémonos atopar
Nova entrega do Grandes Vozes. Este é o programa 358.

Ep. 384: A PALABRA PERFECTA DE ANXO XESTEIRA
Anxo Xesteira, de Cambados, presenta disco: A Palabra Perfecta. No Deixe Falar falamos con el. Sobre a persoa e sobre a obra.

Ep, 383: Contratempo
Nova entrega do programa do universo musical galego-lusófono.

Ep. 382: A ROUPA DO MARINHEIRO
Nova entrega do Grandes Vozes. O episódio 382 recolhe o melhor da música galega, portuguesa, brasileira e dos países africanos em se usa o nosso idioma.

Ep. 381: Música cabo-verdiana (Prof. Lourenço Gomes)
Neste número 381 do nosso programa fazemos uma entrega especial dedicada à música cabo-verdiana. Para além de abrirmos como um clássico de Cesárea Évora, antes da entrevista ouvimos a voz actualíssima do Ze Delgado e encerramos a conversa com o Afeto da Mayra Andrade.
Da mão do professor Lourenço Gomes, viajamos à época das Descobertas, falamos da miscigenação cultural e repassamos em panorámica

Ep. 380: Rodri Míguez
O crítico musical Rodri Míguez debutou como monologuista no Lgx15, celebrado no Teatro Principal de Compostela.
Con ese motivo, no Grandes Vozes falamos con el sobre as fortalezas e as debilidades do sistema musical galego.
Neste programa está a conversa que mantivemos con el.

379.- ONDAS
Nova entrega do Grandes Vozes do Nosso Mundo. Programa número 379.

Ep. 378: CARRASQUIÑA
Nesta nova edición do programa, introducimos a música dunha artista que entra no programa. Chámase Nadie González, é de Candeán (Vigo) e interpreta A Carrasquiña.

Ep. 377.- Katya Teixeira (30 anos de música)
A artista brasileira visita novamente a Galiza. O Grandes Vozes aproveita a oportunidade para repor o programa da primeira entrevista que gravamos com ela.

Ep. 376: Selección musical
Programa da música galego-portuguesa con selección musical de artistas do Brasil, africanos e aínda das diferentes diásporas mundiais dos países de idioma de raiz galega.

Ep. 375:CÉ-ORQUESTRA PANTASMA
CÉ-Orquestra Pantasma pasou polo Teatro das Cortes, no Xestoso (Vicedo). Nós aproveitamos a ocasión para entrevistalo.

Ep. 374: Para nunca esquecer (Xosé Constenla)
Na mañá do 30 de decembro de 2023 foi gravado nun lugar do Caramiñal, onde existiu un campo de concentración, un novo disco de Xosé Constenla. Os cinco temas musicais están dedicados ao milleiro de prisioneiros republicanos que padeceron durante o ano 1939 pena de reclusión nas antigas instalacións dunha conserveira situada na foz do río Pedras.
Con motivo da presentación no Teatro das Cortes, con

Ep. 373:Música galego-portuguesa
O programa da música galego-portuguesa feito na Galiza.

Ep. 372: O Amuleto de Grampoder (Martiño Suárez)
GRampoder ten novo disco: Amuleto. Nós conversamos con Martiño Suárez para coñecer esta nova entrega.

EP. 371.- TERESINHA LANDEIRO
Nova entrega do Grandes Vozes, o programa de Marco Pereira Oliveira.

Ep 370.- Especial
Entrega especial do Grandes Vozes. Con ela completamos as 370 semanas en antena.

Ep. 369.- GRANDES VOZES
Chegamos às 368 semanas em antena.
Grandes Vozes é o programa mais internacional da música dos países de raiz galega.

368.-Música Galego-Lusófona
Nova entrega do Grandes Vozes do Nosso Mundo. O programa internacional das músicas cantadas no nosso idioma.

Ep. 367: VERÃO MUSICAL
Novo episódio do Grandes Vozes. Desta vez um programa musical dedicado especialmente ao período estival.
Recomendado

Adrián Sáenz Podcast

Tiempo de Juego

La Alternativa - Podcast de MÚSICA INDIE de Radio MARCA

La ruta del dinero

"Música para recordar", en "Las Tardes de RNE"

Los Fulanos

Audiocuentos Mis primeras lecturas RUBIO | Cuentos infantiles de Cuadernos Rubio. Cuentacuentos.

Me pones

Orejas Curiosas | Un podcast corto con cuentos, juegos y sorpresas

DIARIO DE MERCADOS

Ganbara negra

Pendiente Máxima