Inicio Pódcasts Fóra de Mapa
Fóra de Mapa

Fóra de Mapa

Fóra de Mapa 86 episodios nov. 8, 2026

Fóra de Mapa é un podcast que se centra en dar a coñecer as minorías menos visibles que existen en Europa. A través das súas emisións, busca visibilizar grupos e comunidades que adoitan pasar desapercibidos no continente. O programa ofrece unha perspectiva única sobre a diversidade cultural e social europea.

Episodios

#Petisco lixeiro. A operación Vístula - Episodio exclusivo para mecenas
#Petisco lixeiro. A operación Vístula - Episodio exclusivo para mecenas nov. 8, 2026 12:58 Agradece a este podcast tantas horas de entretenimiento y disfruta de episodios exclusivos como éste. ¡Apóyale en iVoox! Que teñen en común as montañas dos Cárpatos, a Guerra Fría e máis de 140.000 persoas obrigadas a abandonar os seus fogares? En abril de 1947, as autoridades comunistas polacas puxeron en marcha a operación Vístula, unha operación de deportación masiva que expulsou da súa terra a
#51. A outra Galicia. Entre identidades diversas e dramas compartidos
#51. A outra Galicia. Entre identidades diversas e dramas compartidos nov. 2, 2026 49:02 En Europa hai dúas Galicias, a nosa e a polaco-ucraína, unha rexión histórica pertencente ó imperio dos Habsburgo marcada pola diversidade cultural, lingüística e relixiosa. Un territorio de identidades cruzadas, convivencias, estabilidade e emerxentes nacionalismos que rematou cunha gran catástrofe marcada por guerras, desprazamentos e dramas humanos que deixaron unha fonda pegada na súa historia
De leria con... Paula Jorge
De leria con... Paula Jorge sep. 30, 2026 28:18 A nosa cuarta convidada é Paula Jorge, caboverdiana de Burela. Con ela descrubrimos a realidade da diáspora de Cabo Verde e a súa integración na vila da Mariña, como se manteñen vivas as raíces desta comunidade e como xurden novas identidades que misturan elementos galegos e africanos. E tamén como ás veces non queda outra que explicar con retranca nas redes sociais que o galego é lingua de branc@
#Petisco lixeiro. O picnic paneuropeo
#Petisco lixeiro. O picnic paneuropeo sep. 15, 2026 09:33 No verán de 1989 xa se albiscaba o cambio político no bloque oriental, pero o telón de aceiro seguía a dividir ós cidadáns do continente. Neste contexto uns opositores húngaros e o herdeiro da casa Habsburgo tiveron unha idea, unha romeria onda a fronteira que xuntase a austriacos e húngaros. O picnic paneuropeo comezou como unha festa de confraternización con música, cervexa, churrasco e goulash
#Petisco lixeiro. A dinastía real albanesa
#Petisco lixeiro. A dinastía real albanesa sep. 8, 2026 18:32 A dinastía real albanesa parece saída dunha novela de humor: un rei autonomeado, décadas de exilio, golpes de Estado fallidos, intentos de restauración e, polo medio, un monarca que fumaba ata 200 cigarros ao día e sobreviviu a ducias de atentados. No centro de todo está Zog I, o peculiar ditador que en 1928 decidiu converterse en rei dos albaneses e gobernou un país pobre mentres tentaba rodears
#Petisco lixeiro. O sistema político belga
#Petisco lixeiro. O sistema político belga ago. 27, 2026 15:37 Bélxica é un dos países politicamente máis complexos de Europa: tres linguas oficiais, tres comunidades lingüísticas, tres rexións e unha chea de institucións e niveis de goberno. No episodio explicamos como se construíu este sistema federal e por que as tensións entre Flandres, Valonia e Bruxelas marcaron a historia recente do país. Falamos tamén da peculiar relación dos belgas co seu propio Est
#Petisco lixeiro. Gagauzia
#Petisco lixeiro. Gagauzia ago. 13, 2026 19:38 Gagauzia é unha das pequenas anomalías de Europa: unha autonomía no sur de Moldavia habitada maioritariamente polos gagauzos, un pobo de orixe aínda discutida, cristián ortodoxo e falante dunha lingua túrquica emparentada co turco. Entre exclaves, viñedos, ovellas e unha historia marcada polo Imperio Ruso, a URSS e o colapso soviético, este recuncho do continente agocha unha historia moito máis co
#50. Illas Canarias. Un arquipélago cunha forte identidade de seu alén das postais turísticas
#50. Illas Canarias. Un arquipélago cunha forte identidade de seu alén das postais turísticas jul. 31, 2026 01:30:25 Alén de praias, sol e plátanos, as Illas Canarias son un arquipélago cunha historia e unha identidade propias, marcadas pola súa posición entre no Atlántico, a máis de 100km da costa africana. Neste episodio conversamos con Iván Vega, activista cultural da Fundación Tamaimos, sobre a cultura canaria, a herdanza guanche, e os debates arredor da identidade canaria, o colonialismo exercido sobre o a
#Petisco lixeiro. As illas Selvagens - Episodio exclusivo para mecenas
#Petisco lixeiro. As illas Selvagens - Episodio exclusivo para mecenas jul. 16, 2026 11:56 Agradece a este podcast tantas horas de entretenimiento y disfruta de episodios exclusivos como éste. ¡Apóyale en iVoox! As Illas Selvagens son un arquipélago diminuto, deshabitado e perdido no Atlántico entre Madeira e Tenerife que, malia o seu tamaño, leva séculos en desputa entre España e Portugal. Nelas non hai poboación permanente, case non hai infraestrutura, pero a súa consideración como i
De leria con... Christoph Schreinmoser, director do IGADI
De leria con... Christoph Schreinmoser, director do IGADI jun. 13, 2026 29:21 O noso terceiro convidado é Christoph Schreinmoser, doutor en Dereito Internacional Público e director do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional. Con el reflexionamos sobre o papel de Galicia no escenario internacional, as posibilidades da súa acción exterior e os mecanismos para construír unha voz propia no mundo, cunha mirada bávara e tamén moi galega. Músicas: Happy to see
#49. Malta e a lingua maltesa. Unha historia de “triglosia” e autodeterminación
#49. Malta e a lingua maltesa. Unha historia de “triglosia” e autodeterminación may. 22, 2026 46:50 O maltés é hoxe a lingua nacional e oficial de Malta. Un idioma semítico con arredor de medio millón de falantes que ten que competir coa outra lingua oficial do país, o inglés. Por Malta pasaron unha chea de pobos, desde os romanos, pasando polos árabes até os británicos, que deixaron a súa pegada na identidade e lingua propia da illa. Durante séculos o maltés foi o idioma do pobo, mentres que
#Petisco lixeiro. A Soberana Orde Militar de Malta - Episodio exclusivo para mecenas
#Petisco lixeiro. A Soberana Orde Militar de Malta - Episodio exclusivo para mecenas abr. 28, 2026 11:32 Agradece a este podcast tantas horas de entretenimiento y disfruta de episodios exclusivos como éste. ¡Apóyale en iVoox! A Soberana Orde Militar de Malta é a herdeira dos antigos cabaleiros hospitalarios das Cruzadas, que chegaron a gobernar Rodas, e logo Malta até que Napoleón ocupou a illa en 1798. Desde entón, a orde instalouse en Roma e mantén unha situación moi peculiar: ten sede propia, cons

Recomendado