Emisora musical galega con sede en Carballo, que emite en 97.8 FM para Bergantiños e parte da Terra de Soneira, ademais de repetidores en Vimianzo (100.1) e Ferrol/A Coruña (105.8). A programación baséase nos números 1 do momento e nos clásicos do pop, combinados con espazos locais, entrevistas e información de actualidade. Anteriormente emitía coa marca Fórmula Hit Galicia.
